sábado, 19 de enero de 2008

ENTREVISTA DE LA VOZ DE GALICIA A MARTIÑO RIVAS

"É RIDÍCULO DICIR QUE MUDEI DE NOME PORQUE NON O ENTENDÍAN NUN COMERCIO".
Entrevista a Martiño Rivas
Párase de súpero e comeza a tremer. Pero literalmente: a tremer. E fala soa. "Non poder ser, non pode ser. Xuro que cheguei onte a Coruña e ata falei co meu mozo sobre o que me acontecería se me atopara a Marcos na rúa. E mira, aí está". Marcos é o papel que fai Martiño Rivas (A Coruña, 10 de xaneiro de 1985) na serie "El Internado" e o que aconteceu foi que a rapaza que tremía, Alba Torrente, conseguiu facerse unha foto co seu ídolo. Ela está eufórica. A el notáselle incómodo. "Non me gusta que me recoñezan pola rúa. Non me gusta ser portada no SuperPop. Son tímido e non sei como reaccionar". Así é Martiño, de nome artístico Martín, o fillo de Manuel Rivas que ía para director de cine, que probou sorte nun casting e que da noite á mañá pasou da facultade compostelán de Audiovisuais aos platós de Globomedia.
- Por unha casualidade...
- Máis que casualidade foi sucedendo. Cando viviamos en Vimianzo a miña irmá e máus eu estudabamos saxofón no conservatorio de Carballo e alí convocaron un casting para unha serie. Ela quería ir e eu, por non quedar na casa vendo a tele, acompañeina. Mandáronme contar unha anécdota e logo chamáronme para darme un papel en Mareas Vivas. Foi no 97, tiña 12 anos e recordo que me encantaba ir a gravar alí, no mundo dos maiores, eu quería ser como os actores da serie. Pero logo que me pararan pola rúa ou que sempre houbera un comentario entre os outros rapaces sobre que eu saía na televisión fíxome pensar o contrario: "Non quero saber nada disto".
- Pero de feito volviches.
- Cando me metín na facultade non tiña claro o que quería. Sabía que me gustaba moito o cine e algúns profesores me dixeron que era importante para dirixir saber analizar un texto dramático e por iso me metín nunha escola de teatro. Tamén nesa época me chamaron para un casting para Heroína, despois de tantos anos sen traballar. Non me deron o papel, pero me entrou outra vez o gusaniño. Logo, veu Maridos e mulleres, e fixen o videobook que enviei a xente en Madrid e as productoras de aquí. Os que me chamaron foron os de Globomedia para un papel pequeniño en "SMS" e despois para "El Internado".
- ¿E agardabas o éxito que está a ter agora a serie?
- Aprendín hai tempo a non esperar nada, porque con Maridos e mulleres, da que gravamos 26 capítulos e só se emitiron catro ou cinco, pensei que me ían chamar para moitos papeis, que a serie ía ser un éxito... e estiven un ano e medio sen traballar. Foi un chasco, si, por iso agora sei e intento non esquecer que o éxito tan pronto está como marcha.
- Pero o certo é que tiveches sorte, que levas nove meses en Madrid sen parar de traballar.
- E iso non é normal, é verdade, porque hai moitos actores buscándose a vida, hai moitos que chegan en busca dunha oportunidade e pasan anos ata que a teñen. Eu tiven sorte. Pero tampouco se pode dicir que agora son máis feliz que hai ano e medio, cando non empezara nada disto e vivía en Santiago coa miña noiva. ¿Afortunado? Sí. ¿Ben pagado? Se me comparo cos meus compañeiros de promoción, que a maioría están en paro ou de bolseiros, sí. Se me comparo con Bardem, non

No hay comentarios: